Call for papers – Congreso Internacional sobre vulnerabilidade social, crise económica e dereito á vivenda


O Congreso Internacional sobre vulnerabilidade social, crise económica e dereito á vivenda organizado polo Grupo de Investigación Armela da Universidade de Santiago de Compostela, coa colaboración do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades do Goberno de España e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, celebrarase en Santiago de Compostela os días 3 e 4 de outubro de 2019.

Está aberto ou prazo para presentar comunicacións. Os resumos das propostas (máximo 300 palabras) deberán remitirse, antes do 14 de xuño de 2019.

Os/as comunicantes que envíen o texto completo da súa intervención antes do 29 de xullo, poderán optar a que as súas respectivas comunicacións sexan publicadas nun número extraordinario da seguinte revista da USC, despois de someterse ao correspondente proceso de avaliación anónima:

• Dereito: revista xurídica da Universidade de Santiago de Compostela

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *