“As políticas locais de abordaxe da violencia de xénero en Galicia”


 

O próximo 26 de febreiro ás 09:15 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais terán lugar as xornadas “As políticas locais de abordaxe da violencia de xénero en Galicia” . Trátase dun espazo creado para reflexionar da man e da voz de profesionais expertas en materia. Ademais, estas xornadas forman parte dun proceso de devolución de resultados da investigación “Vulnerabilidade, Dereitos Sociais e Boa e- Administración”, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación. No marco deste proxecto a meirande parte dos CIMs galegos participaron a través dun formulario no verán de 2022 e unha mostra de profesionais e activistas formaron dous grupos de discusión onde profundar sobre os principais desafíos das políticas locais de violencia a partir do impacto da COVID 19 e a aceleración do proceso de dixitalización na Administración Pública.

A inscrición é obrigatoria e formalizarase no seguinte formulario online, o prazo vai até o xoves 22 de febreiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *