Biografía

Profesora axudante doutora do Departamento de Ciencia Política e Socioloxía da USC. Doutora en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela (2015) e Mestrado en Xestión Pública (2005) pola Universidade Pompeu Fabra, con máis de dez anos de experiencia no ámbito da investigación e no proceso de elaboración de políticas públicas. A través da súa tese de doutoramento, valorada con Cum Laude, analizou de forma pioneira o desenvolvemento das políticas municipais de xénero en Galicia e os factores que influían nas mesmas. Esta investigación deu lugar á publicación dun libro que leva por título “As políticas municipais de xénero en España. O caso dos municipios galegos” da editorial Laiovento (2018). A longo da súa traxectoria investigadora participou en diversos proxectos de investigación de ámbito estatal e autonómico, os cales se focalizaron principalmente na análise das políticas públicas de xénero e das políticas sociais. Boa parte do seu traballo de investigación veuse reflectido na autoría e coautoría de múltiples publicacións. Foi profesora asociada da Universidade de Oviedo e actualmente é profesora axudante doutora de Ciencia Política na Universidade de Santiago de Compostela e investigadora do grupo Armela. Na súa traxectoria profesional destaca tamén a experiencia directa no deseño e implementación de políticas públicas, ocupando postos de perfil técnico en varias administracións públicas, como a Generalitat de Catalunya, a Deputación de Barcelona ou o Concello de Granollers, e máis recentemente desempeñando o posto de asesora política no Concello de Santiago de Compostela. O movemento constante entre o ámbito da investigación e da academia e o ámbito de intervención directa na xestión pública influíu claramente nas súas investigacións e liñas de traballo, a través das cales buscou sempre realizar achegas que contribúan a unha mellor comprensión e abordaxe dos problemas públicos e sociais.

Publicacións

ID da publicación Nº de páxinas Título Autor/a ISBN Tipo de publicación Ano Referencia bibliográfica Idioma
Crisis económica y políticas de género en España Artigo 2016 Alba Alonso and Natalia Paleo (2016) “Crisis económica y políticas de género en España”, in Alba Nogueira et al. (eds.), Crisis, derechos sociales e igualdad, Valencia: Tirant lo Blanch
Es solo una cuestión de austeridad? Crisis económica y políticas de género en España Artigo 2014 Natalia Paleo and Alba Alonso (2014) , “Es solo una cuestión de austeridad? Crisis económica y políticas de género en España”, Revista de Investigaciones Feministas, 5, 36-68, special issue ‘Public politices in times of crisis’ edited by María Bustelo, Eva Alfama and Julia Espinosa
Ideas que cambian el mundo. Una mirada desde la izquierda feminista Libro 2013 Paleo, N. (2013). Ideas que cambian el mundo. Una mirada desde la izquierda feminista. (Con S. Berbel y M. Cárdenas). Madrid: Cátedra (En prensa).
Políticas de salud sexual y reproductiva en España: Contra-movimientos y marcos interpretativos en conflicto Artigo 2017 Alba Alonso and Natalia Paleo (2017), Políticas de salud sexual y reproductiva en España: Contra-movimientos y marcos interpretativos en conflicto, Revista Española de Sociología, 26 (3 Supl.), 59-76
444 Políticas y derecho a la vivienda. Gente sin casa y casas sin gente 9788413550046 Libro 2020 Paleo Mosquera, N. (ed.). Políticas y derecho a la vivienda. Gente sin casa y casas sin gente (2020). Tirant lo Blanch, ISBN 9788413550046, pags. 444 Castelán
Sistema político español desde una perspectiva de género Artigo 2013 Paleo, N.; Diz, I. (2013). Sistema político español desde una perspectiva de género. En M. Lois y A. Alonso (Eds.), Manual de Ciencia Política con perspectiva de género. Akal, en prensa.