« Todos eventos
Defensa da tese doutoral de Beltrán Puentes Cociña
8 Xullo | 8:00 a.m. - 5:00 p.m.
O pasado 5 de xullo, o noso compañeiro Beltrán Puentes Cociña defendeu a súa tese doutoral titulada “A Transición do Dereito de Produtos cara ao Novo Paradigma da Economía Circular”. A defensa contou cun tribunal composto polo Dr. Francisco J. Sanz Larruga da Universidade da Coruña, a Dra. Dulce Margarida De Jesus Lopes da Universidade de Coimbra , e a Dra. Aitana De La Varga Pastor da Universidade Rovira I Virgili.
A tese de Beltrán explora como a estratexia de economía circular impulsada pola Unión Europea nos últimos dez anos busca transformar o modelo de produción e consumo para garantir a súa sustentabilidade. Estudou os cambios necesarios no dereito dos produtos para garantir a súa durabilidade e reparabilidade, analizando políticas e instrumentos xurídicos adoptados no ámbito dos produtos. A súa investigación conclúe que, aínda que se deron pasos importantes, persisten eivas significativas que precisan ser abordadas para lograr unha efectiva transición cara a circularidade.