Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Grupo focal no marco do proxecto “Vulnerabilidade, Dereitos Sociais e boa e-Administración”

8 Xullo , 2024 | 8:00 a.m. - 5:00 p.m.

Un dos resultados do proxecto “Vulnerabilidade, Dereitos Sociais e boa e-Administración” financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, é a elaboración dunha guía de boas prácticas que ten como finalidade a corrección dos problemas detectados nas relación entre a administración e a cidadanía, con especial énfase na fenda causada pola dixitalización.

No marco deste proxecto, o pasado 29 de febreiro levouse a cabo un grupo focal con persoal de entidades do terceiro sector para obter unha perspectiva directa e contextualizada das súas experiencias.

O grupo focal explorou tanto as barreiras dixitais como as implicacións de xénero e outras interseccións que inflúen no acceso aos dereitos sociais.

As entidades que participaron no grupo de traballo foron seleccionadas polo seu contacto directo con grupos vulnerabeis (maiores, persoas con discapacidade, vítimas de trata, poboación ex convicta, persoas con pouco rescursos). Estas entidades foron:

  • EAPN Galicia, que forma parte da Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión social.
  • Fundación Esplai, a cal desenvolve proxectos e programas coa finalidade de promover o empoderamento da cidadanía dende unha perspectiva de dereitos, a inclusión e a transformación social mediante o traballo en rede, a acción socioeducativa e a inclusión no ámbito das TIC.
  • Programa Vagalume e Programa Maiores, pertencentes a Cáritas.
    • O Programa Vagalume ofrece atención integral a mulleres en contextos de prostitución e/ou vítimas de trata con fins de explotación sexual.
  • COGAMI – Acadar, confederción galega de persoas con discapacidade.

Detalles

Data:
8 Xullo , 2024
Hora:
8:00 a.m. - 5:00 p.m.