Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Políticas de coidado e economía en tempos da Covid

26 Maio , 2021

O próximo 26 de maio ás 12:00, a través da plataforma Teams, Angela O’Hagan (Glasgow Caledonian University) presentará a súa intervención centrada nas políticas de coidado e economía en tempos da Covid.

Angela é profesora do Departamento de Ciencias Sociais de Glasgow Caledonian University. É Directora do Centro de Investigación para a Xustiza Económica e preside o Grupo de Expertas do Goberno Escocés para a Igualdade e os Orzamentos Públicos. Tamén forma parte do colectivo UK Women’s Budget Group e Scottish Women’s Budget Group. É unha experta de referencia a nivel internacional en materia de orzamentos con perspectiva de xénero.

A súa intervención estará centrada na presentación das liñas de actuación promovidas no contexto británico para o desenvolvemento dunha política económica feminista en tempos de Covid. Abordará iniciativas como a Caring Economy Now na que participan colectivos de mulleres especializados en economía en orzamentos con mirada de xénero.

Debido a situación sanitaria actual as sesións desenvolveranse de forma virtual e será necesario inscribirse no seguinte formulario:

Detalles

Data:
26 Maio , 2021

Recinto

Seminario en liña
Plataforma Teams