Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Presentación do libro “El camino de la desigualdad”

8 Xullo , 2024 | 8:00 a.m. - 5:00 p.m.

O pasado mércores 8 de maio tivo lugar a presentación do libro “El camino a la desigualdad”. No acto, xunto co autor da obra, Jose Esteve Pardo – Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Barcelona-, participaron as profesoras da USC Alba Nogueira López – Catedrática de Dereito Administrativo e Investigadora principal da Rede Armela- e María Paz García Rubio – Catedrática de Dereito Civil -. Esta actividade está enmarcada nun Ciclo de seminarios sobre a modernización do dereito de contratos, que organiza o grupo de investigación da USC “De conflictu legum” no marco do proxecto “A inaplazable modernización do dereito de obrigas e contratos do Código Civil español”. Asemade, tamén forma parte das actividades organizadas pola Rede Armela, coa colaboración da axuda GPC Xunta de Galicia ED431B 2023/45.

O evento levouse a cabo de xeito híbrido – online e presencial- na sala de profesores da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

Fotos: Hernán Cortez

Detalles

Data:
8 Xullo , 2024
Hora:
8:00 a.m. - 5:00 p.m.