- Este evento pasou.
Seminario As políticas locais de abordaxe da violencia de xénero en Galicia
8 Xullo , 2024 | 8:00 a.m. - 5:00 p.m.

As xornadas “As políticas locais de abordaxe da violencia de xénero en Galicia” tiveron lugar o 26 de febrero no salón de actos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela.
Estas xornadas forman parte dun proceso de devolución de resultados da investigación “Vulnerabilidade, Dereitos Sociais e Boa e-Administración”, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación.
No marco destas xornadas sucederonose tres actividades:
- Panel de devolución de resultados da investigación realizada sobre as políticas de violencia no ámbito municipal en Galicia. Coa intervención de:
- Natalia Paleo, profesora de Ciencia Política na USC; cunha radiografía das políticas locaias galegas de abordaxe de violencia de xénero.
- Beatriz López, investigadora predoutoral na USC. Falando da dixitalización das políticas municipais de violencia de xénero.
Nesta primeira actividade exerceu de moderadora Isabel Diz Otero, profesora de Ciencias Políticas na USC.
- Unha conferencia a cargo de Belén Rubido de la Torre, maxistrada titular do Xulgado de Pontevedra.
- A coordinación e o traballo en rede nas políticas de violencia de xénero. Mesa de traballo moderada por Alba Nogueira, catedrática de Dereito Administrativo na USC e na cal interveñen:
- Rosa Muñiz, quen forma parte do equipo técnico externo da SXI para a coordinación das Mesas Locais contra a Violencia de Xénero.
- Paula Souto Castro, Psicóloga na Oficina de Atención á Vitima (OAC) do Xulgado de Santiago de Compostela.
- María Jesús Olivares, coordinadora da Casa de Acollida do Concello de Ferrol.
- Mª del Carmen Rego Piñeiro, directora do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello das Pontes.
- Patricia López Armoso, coordinadora da quenda especial de atención ás vítimas de violencia de xénero.
