Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Seminario Xénero e Política do 22 de Novembro

22 Novembro , 2021

O próximo mércores 22 de Novembro ás 12:00, no salón de graos da Facultade de Ciencias Políticas, Carme Adán presentará a súa intervención sobre as violencias machistas e a súa implicación na política.

“Non é un caso illado, é o patriarcado” é un dos lemas do feminismo máis coreado nos 25 de novembro. Podemos comprobar como nel se sintentiza o problema de fondo que o feminismo saca a luz cando falamos de violencia machista, isto é, a súa dimensión política. Dimensión política con dous niveis básicos, por unha banda o activismo que cuestiona e transforma as prácticas sociais. Por outra banda está o nivel, que poderíamos denominar, máis institucional que modifica a lexislación e as políticas públicas no seu conxunto. Imos centrarnos na argumentación neste segundo nivel para transitar polos debates ao redor da lexislación en materia de violencia machista, que conceptos a sustentan e como podemos mellorala.

Non é necesario realizar unha inscripción previa.

Detalles

Data:
22 Novembro , 2021

Protagonista

Carme Adán

Recinto

Facultade de Ciencias Políticas
Campus Vida. Avenida Dr. Ángel Echeverri, s/n
Santiago de Compostela, Spain
+ Google Map