Cargando eventos

eventos pasados

eventos Search and Views Navigation

Evento Views Navigation

Novembro 2021

Seminario Xénero e Política do 22 de Novembro

22 Novembro , 2021
Facultade de Ciencias Políticas, Campus Vida. Avenida Dr. Ángel Echeverri, s/n
Santiago de Compostela, Spain
+ Google Map

O próximo mércores 22 de Novembro ás 12:00, no salón de graos da Facultade de Ciencias Políticas, Carme Adán presentará a súa intervención sobre as violencias machistas e a súa implicación na política. "Non é un caso illado, é o patriarcado" é un dos lemas do feminismo máis coreado nos 25 de novembro. Podemos comprobar como nel se sintentiza o problema de fondo que o feminismo saca a luz cando falamos de violencia machista, isto é, a súa dimensión política.…

Máis información »

Run4Life project Meeting and Workshop

24 Novembro , 2021 | 8:00 a.m. - 25 Novembro , 2021 | 5:00 p.m.
Helsinborg, Suecia

Beltrán Puentes Cociña presentará o 24 de novembro o Documento de orientación xurídica e regulamentaria (Legal and Regulatory Guidance Document) elaborado xunto con Alba Nogueira López no Seminario de traballo do proxecto Run4Life en Helsinborg (Suecia).   Máis información sobre o proxecto: https://run4life-project.eu/  

Máis información »

Novembro 2022

Movementos feministas en Chile e América Latina

24 Novembro , 2022 | 5:00 p.m. - 7:00 p.m.

O próximo 24 de novembro,  abordará na súa presentación o seguinte tema: Os ciclos de protestas e mobilización feministas foron recorrentes no mundo, o que permitiu afirmar que se trata dun dos movementos de máis longa tradición (Kirkwood 1986; Valdés 1993; Baldez 2002; Franceschet 2005; Ríos, Godoy e Guerrero 2010) que visibilizaron as súas demandas mesmo en períodos de ditadura (Valdés, 2000:5, para o caso chileno; Pérez Serrano e Rubio, 1999, para o caso español; Borner et al. 2009 para…

Máis información »

Xullo 2024

Anuncio Seminario “As políticas locais de abordaxe da violencia de xénero en Galicia”

8 Xullo , 2024 | 8:00 a.m. - 5:00 p.m.

O próximo 26 de febreiro ás 09:15 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais terán lugar as xornadas “As políticas locais de abordaxe da violencia de xénero en Galicia” A inscrición é obrigatoria e formalizarase no seguinte formulario online, o prazo vai até o venres 22 de febreiro. Podes descargar neste link o programa completo.

Máis información »

Seminario As políticas locais de abordaxe da violencia de xénero en Galicia

8 Xullo , 2024 | 8:00 a.m. - 5:00 p.m.

As xornadas “As políticas locais de abordaxe da violencia de xénero en Galicia” tiveron lugar o 26 de febrero no salón de actos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela. Estas xornadas forman parte dun proceso de devolución de resultados da investigación “Vulnerabilidade, Dereitos Sociais e Boa e-Administración”, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación. No marco destas xornadas sucederonose tres actividades: Panel de devolución de resultados da investigación realizada sobre as políticas de…

Máis información »

Grupo focal no marco do proxecto “Vulnerabilidade, Dereitos Sociais e boa e-Administración”

8 Xullo , 2024 | 8:00 a.m. - 5:00 p.m.

Un dos resultados do proxecto “Vulnerabilidade, Dereitos Sociais e boa e-Administración” financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, é a elaboración dunha guía de boas prácticas que ten como finalidade a corrección dos problemas detectados nas relación entre a administración e a cidadanía, con especial énfase na fenda causada pola dixitalización. No marco deste proxecto, o pasado 29 de febreiro levouse a cabo un grupo focal con persoal de entidades do terceiro sector para obter unha perspectiva directa e contextualizada…

Máis información »

Presentación do libro “El camino de la desigualdad”

8 Xullo , 2024 | 8:00 a.m. - 5:00 p.m.

O pasado mércores 8 de maio tivo lugar a presentación do libro “El camino a la desigualdad”. No acto, xunto co autor da obra, Jose Esteve Pardo – Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Barcelona-, participaron as profesoras da USC Alba Nogueira López – Catedrática de Dereito Administrativo e Investigadora principal da Rede Armela- e María Paz García Rubio – Catedrática de Dereito Civil -. Esta actividade está enmarcada nun Ciclo de seminarios sobre a modernización do dereito de…

Máis información »

The walfare state in perspective

8 Xullo , 2024 | 8:00 a.m. - 5:00 p.m.

No marco do proxecto Vulnerabilidade, dereitos sociais e boa e-administración (PID2020-115760RB-I00 DER), financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, o grupo de investigación Armela en colaboración coa Universidade de Coimbra, organizaron o pasado 11 de xuño as xornadas “The welfare state in perspective”. A investigadora principal do grupo Armela, Alba Nogueira, levou a cabo unha comunicación titulada “Direitos sociais da teoria à prática. Obstáculos administrativos à igualdade real”. Asemade, participaron tamén na xornada outras dúas integrantes do proxecto: Dulce Lopez,…

Máis información »

Defensa da tese doutoral de Beltrán Puentes Cociña

8 Xullo , 2024 | 8:00 a.m. - 5:00 p.m.

O pasado 5 de xullo, o noso compañeiro Beltrán Puentes Cociña defendeu a súa tese doutoral titulada "A Transición do Dereito de Produtos cara ao Novo Paradigma da Economía Circular". A defensa contou cun tribunal composto polo Dr. Francisco J. Sanz Larruga da Universidade da Coruña, a Dra. Dulce Margarida De Jesus Lopes da Universidade de Coimbra , e a Dra. Aitana De La Varga Pastor da Universidade Rovira I Virgili. A tese de Beltrán explora como a estratexia de…

Máis información »

Seminario sobre a vulnerabilidade administrativa e dixitalización da administración

8 Xullo , 2024 | 8:00 a.m. - 5:00 p.m.

O pasado venres 28 de xuño, na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, celebrouse un seminario de traballo sobre a “Vulnerabilidade Administrativa a a dixitalización da Administración” no marco do proxecto “Vulnerabilidade, dereitos sociais e boa e-administración” (PID2020 – 1157600RB – 100 DER). Neste seminario participaron investigadoras da Rede Ármela que participan no proxecto e tamén os investigadores e investigadoras da Universidade de Campinas (UNICAMP) e PUC-Campinas, Ana Elisa Sapaolonzi Queiroz Assis, Guilherme Perez Cabral e Luis…

Máis información »
+ Exportar eventos