Obxectivos


O obxectivo principal da rede Armela é investigar e analizar o o impacto dos cambios sociais e económicos no desenvolvemento e garantía dos dereitos sociais e a igualdade fundamentalmente a través das normas, políticas públicas e a acción administrativa.

A Rede Armela quere contribuir a xerar coñecemento e debate crítico sobre a garantía do Estado de benestar para o conxunto da cidadanía e, singularmente, para as persoas e colectivos máis vulnerabeis ante as ameazas que representan procesos de recortes nos servizos públicos, redución de dereitos e discursos de cuestionamento da igualdade e a xustiza social.  Tamén inserir eses estudos no marco de cambios globais que van desde a propia globalización neoliberal, a radicalización no discurso político ou os efectos da dixitalización no exercicio de dereitos.

A ampla experiencia investigadora do grupo Armela da que resulta unha intensa produción científica, a participación estable en proxectos de convocatorias competitivas europeas, estatais e autonómicas e o asesoramento na elaboración de normas e políticas públicas, avala a traxectoria do grupo.

Imaxe: Paco Rives Manresa