Seminario Xénero e Política


O Seminario de Xénero e Política conta cunha longa traxectoria. O obxectivo deste Seminario é visibilizar e difundir investigacións feministas ou con perspectiva de xénero no marco da Ciencia Política, así como contribuír a xerar pensamento crítico na academia.

A primeira edición do Seminario tivo lugar en 2010, onde participaron diferentes expertas politólogas das principais universidades do Estado español (Universidade Complutense de Madrid, Universidade Autónoma de Barcelona, Universidade de Oviedo, Universidade Pompeu Fabra, Universidade del País Vasco, Universidade de Santiago de Compostela). O obxectivo deste encontro foi a discusión sobre a creación de novos materiais didácticos para as principais materias do grao de Ciencia Política.

A segunda edición do Seminario tivo lugar en 2018, onde tivemos o pracer de contar con Marcela Lagarde. Esta sesión constou dunha formación dirixida a docentes e estudantes.

A terceira edición do Seminario tivo lugar no curso 2019-2020 e constou das seguintes sesións:

“Xenero e interseccionalidade: oportunidades e desafíos para unhas políticas públicas máis transformadoras” por Julia Espinosa, socióloga e doutora en Ciencia Política pola Universidade Complutense de Madrid.

“Precisamos a perspectiva de xénero para analizar o comportamento político?” por Mónica Ferrín, investigadora contratada no programa Ramón y Cajal (PR-RC) pola Universidade da Coruña.

“As imprescindibles, pensamento feminista para a acción” por Silvia López, doutora en Ciencia Política pola Universidade Autónoma de Madrid.

A cuarta edición do Seminario tivo lugar no curso 2020-2021 e constou das seguintes sesións:

“Malos tempos para o feminismo? Dereita radical e igualdade de xénero” por Alba Alonso, profesora axudante doutora pola Universidade de Santiago de Compostela.

“A fenda de xénero na implicación política” por Marta Fraile, científica titular no CSIC.

“As políticas de coidado e de economía en tempos de Covid” por Angela O’Hagan, profesora na Glasgow Caledonian University.